Escrito por Victoria Alejandra Zorzoli, abril de 2024.
Outra edición da xornada deportiva tivo lugar no BIS. Esta vez, foi máis lúdica e emocionante para os máis pequenos e máis competitiva e estimulante para os centros de primaria e secundaria.
O alumnado dividíuse por casas (vermella, amarela, verde e azul) e competiu en 5 deportes diferentes, baloncesto, voleibol, fútbol, hóckey e atletismo, onde puideron demostrar as súas habilidades deportivas pero tamén os valores adquiridos nas clases de educación física, como o xogo en equipo, a deportividade, o respecto polos opoñentes, o xogo limpo, etc.
Foi unha xornada chea de diversión onde non só o alumnado foi o protagonista, senón que tamén se contou coa colaboración do profesorado e persoal en diversas tarefas como arbitrar partidos, calcular puntuacións deportivas e organizar carreiras de relevos.
A casa gañadora neste caso foi a casa vermella correspondente a 5º curso, así que parabéns a eles e a todos polas estupendas actuacións! O Día do Deporte é sen dúbida un dos días que o alumnado e nós agardamos con máis ilusión.
Data de publicación: 25 de abril de 2024



